Empezamos o mes de xuño cunha nova proposta. Nesta ocasión xira en torno a unha canción moi primaveral "A ÁRBORE NO XARDÍN".
Aquí vos enlazamos a canción:
Unha vez escoitada pasamos ás actividades. Vai unha proposta para cada día! Ao final de todo van as actividades en pdf, por se alguén prefire imprimilas (pero non é necesario) ou para facerse unha idea do que hai que facer.
LUNS:
--Escribimos o título da canción.
- Facemos o debuxo de todo o que vai aparecendo na árbore( froita, animais).
MARTES:
- Nun folio, escribir os animais que van aparecendo , para traballar así a lecto-escritura e tamén os números ordinais (do 1º ao 5º).
- Contar os diferentes animais que aparecen ( exemplo: arañas? 2)
- Pinchades no enlace e accededes a un xogo interactivo para traballar a memoria ( relacionado coa canción).
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5892029-a_arbore_no_xardin.html
MÉRCORES:
-Conciencia fonolóxica. Xogamos ao ritmo dos pés coa profe Fani. Animádesvos?
XOVES:
- Xogamos ás adiviñas coa profe Conchi. Seredes quen de adiviñar de quen está a falar?. Se aínda non vos queda claro, avisádenos que vos damos máis pistas. Pinchade no enlace.
Logo de adiviñar do que estaba a falar Conchi, pasamos a facer a actividade:
- Nun folio, escribimos a solución, contamos as letras e poñemos o número.
-Facemos o debuxo.
VENRES:
- Coa solución facemos un acróstico.
- Contamos as letras e poñemos número. E logo ordeamos de menor a maior.
ENLACE COAS ACTIVIDADES PARA QUE VOS FAGADES UNHA IDEA DO QUE HAI QUE FACER ( NON FAI FALLA IMPRIMIR).
RECORDADE VISIONAR OS VÍDEOS.
https://drive.google.com/file/d/15xK0hJ-u_cwdwaG3WhdmSrcucxjvIWXT/view?usp=sharing
MOI BOA SEMANA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario