domingo, 20 de diciembre de 2020

BAILE DE NADAL

 OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL , E AS MESTRAS/ES, DESÉXANVOS FELICES FESTAS, AO SON  DA CANCIÓN "LUZ DO NADAL" DE MAMÁ CABRA.





PREPARÁMONOS PARA BAILAR

OS NENOS E NENAS ESTÁN A PREPARAR UNHA SORPRESA. QUE SERÁ?





 

jueves, 17 de diciembre de 2020

O APALPADOR

 

Hoxe tivemos unha visita do máis inesperada:

O APALPADOR

Vaia ilusión!






MANUALIDADES "GAIA"

 Os nenos e nenas de EI, contaron coa visita de Begoña e María José ( GAIA) e fixeron unha manualidade do máis chula.


































domingo, 29 de noviembre de 2020

VIOLENCIA DE XÉNERO

 Os nenos e nenas de EI celebran o Día Contra a Violencia de Xénero, e que mellor que facelo a  partir dos contos "ROSA CARAMELO" e "ARTURO E CLEMENTINA".


CONTO "ROSA CARAMELO"




CONTO "ARTURO E CLEMENTINA"


TRABALLOS DOS NENOS E NENAS:
























viernes, 20 de noviembre de 2020

miércoles, 11 de noviembre de 2020

RECOLLIDA DE CONXUROS ( SAMAÍN)

AS BRUXAS MÁIS MISTERIOSAS DOS CASTROS VENEN A RECOLLER OS CONXUROS.

DEVOLVERAN A CARMIÑA Á NOSA BIBLIOTECA? SEGURO QUE SÍ.

PINCHADE NO ENLACE


https://www.youtube.com/watch?v=CI4gAiIz_nw

jueves, 29 de octubre de 2020

CONXUROS MÁXICOS

 OS NENOS E NENAS DOS CASTROS QUEREN RECUPERAR A CARMIÑA ASÍ QUE AÍ VAN OS SEUS CONXUROS MÁXICOS  DE TODO INFANTIL PARA QUE VEÑA RÁPIDO!

4ºA





4ºB

5ºB


5ºA







6ºA



6ºB


















4º EI CELEBRA O SAMAÍN

 OS NENOS E NENAS DE 4º DE EI CANTAN A CANCIÓN DO CONTO "CORRE CORRE CABACIÑA"


4ºB EI




4ºA EI






6ºEI CELEBRA O SAMAÍN

 OS NENOS E NENAS DE 6º DE EI QUEREN ASUSTARNOS COS SEUS CONTOS DE MEDO!


6ºA EI CO CONTO DE "CARABUÑAS"




6ºB EI CO CONTO "A BRUXA REGAÑADENTES"




5ºEI CELEBRA O SAMAÍN

 OS NENOS E NENAS DE 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL CELEBRAN O SAMAÍN CANTANDO E RECITANDO.

QUE BEN O FAN!

5ºA RECITA UNHA POESÍA DE SAMAÍN



5ºB BAILA AO RITMO DOS ESQUELETOS



miércoles, 28 de octubre de 2020

QUE PASOU CON CARMIÑA?

 UNHA BRUXA MOI ESPECIAL VEUNOS A BUSCAR A CARMIÑA PARA QUE NA SÚA CASA  GRANDES HISTORIAS LLE CONTARA, PERO NÓS, QUERÉMOLA NO COLE.

QUE TEREMOS QUE FACER PARA RECUPERALA?!

PINCHADE NO ENLACE.

http://dinamizacionvirxedocarme.blogspot.com/2020/10/samain.html

BIBLIOTECA INAUGURADA

 A BIBLIOTECA DO COLE QUEDA INAUGURADA.

 SE PINCHADES EN CARMIÑA,  PODEDES VER O BONITA QUE QUEDOU A BIBLIOTECA E... Á PROFE ANA CONTANDO A HISTORIA DA NOSA MASCOTA " CARMIÑA"





jueves, 11 de junio de 2020

XUÑO (15-19)

ÚLTIMA SEMANA DE COLE, E BEN TRISTE QUE É DADAS AS CIRCUNTANCIAS. ESPEREMOS VOLVER EN SETEMBRO CON TOTAL NORMALIDADE OU O MÁIS PRÓXIMO A ELA.

A semana pasada as propostas xiraron en torno ao conto " O COELLIÑO BRANCO" e esta semana imos continuar.

LUNS 15 DE XUÑO: RECEITA
1.- Elaboramos a receita co ingrediente favorito do Coelliño Branco "AS COLES" ( podedes escoller a que queirades, pizza de coles, ensalada de coles...)
Aquí van posibles exemplos, un sacado da web e outro feito pola profe Fani.









MARTES 16 DE XUÑO: escribimos os ingredientes da receita.
                                          contamos as letras de cada palabra. Por exemplo: COLES
                                                                                                                          1-2-3-4-5
                                                                                                                               5
Plantilla da receita porque se a queredes empregar ( pincha no enlace)

https://drive.google.com/file/d/1cW6FWMx2UGckbFY5ICTWDPw150mGhO_a/view?usp=sharing



MÉRCORES 17 DE XUÑO: ACTIVIDADE PLÁSTICA

1.- Elaboramos unha manualidade relacionada con conto. Se non queredes facer manualidade podedes optar por un debuxo dun dos animais que aparece.

A profe Conchi fai unha manualidade.




XOVES 18 DE XUÑO: EXPERIMENTO
1.- O Coelliño Branco, quere argallar un pouco. Quere verse doutras cores, azul, verde...
Mirade esta presentación en power point


https://drive.google.com/file/d/1FtMRreGRIz7uyZKn-UcrH9nK30plNNl4/view?usp=sharing

O obxectivo deste experimento é traballar as diferentes mesturas que se obtenen das cores primarias.

MATERIAL A EMPREGAR:

- VASOS TRANSPARENTES
-AUGA
- COLORANTE ALIMENTARIO

Divertímonos?


VENRES 19 DE XUÑO

Último día de cole . Xa que non temos festa, nen baile, nen "chupeteadas", polos menos uns xogos.
Un bico moi grande e boas vacacións. Calquera cousa que vaimos sabendo respecto ao novo curso xa vos imos informando e para o que necesitedes xa sabedes como contactar con nós.

LIM SOBRE O COELLIÑO BRANCO, PARA DIVERTIRVOS UN POUCO.

http://pequecholandia.blogspot.com/2012/10/lim-o-coellino-branco.html

http://actividadeslim.blogspot.com/2012/04/o-coellino-branco.html

ACTVIDADES MEMORIA EDUCAPLAY:


https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5888091-o_coellino_branco.html

ENCRUCILLADO

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/6021008-encrucillado_o_coellino_branco.html





BICOS E BO VERÁN





jueves, 4 de junio de 2020

XUÑO (9-12)

Ola familias
Xa non queda nada para o remate das clases e nesta ocasión imos  partir dun conto que aos nenos e nenas lles encanta " O COELLIÑO BRANCO"

Ao final de todo aparecen en pdf as actividades para que teñades unha posible orientación.

MARTES 9 DE XUÑO: 
Visionado do conto e da canción:





PROPOSTA: - escribimos, por orde de aparición, os animais que aparecen no conto.

MÉRCORES 10 DE XUÑO: CONCIENCIA FONOLÓXIA ( sílabas)
Nesta ocasión imos contar ao ritmo das palmadas, o número de sílabas que tenen as personaxes do conto. Exemplo: COELLO ( CO-E-LLO).
                                                1     2   3
                                                      3
Tamén podedes practicar cos vosos nomes, os nomes das vosas mascotas, das vosas familias... Animádesvos?

XOVES 11 DE XUÑO: LÓXICO- MATEMÁTICA

Cantos animais aparecen no conto? Podemos facer o número con limpa pipas, plastilina, tapóns e incluso coller un envase transparente e engadirlle fariña, area, azucre...e debuxar a grafía. Ou senon con rotulador.
Logo podemos: - descompor o número en cuestión (6),
                          -  escribir os amigos do 6 ( anterior e posterior, 5,7)
Este é un exemplo de descomposición do número 2.


VENRES 12 DE XUÑO: ADIVIÑA
Escoitamos a adiviña. Pincha no enlace (educaplay)

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/6020762-o_coellino_branco.html

Escribimos a solución.
Facemos o debuxo.
Aprendemos a adiviña ( prazo ata o 19 de xuño, último día de cole)

Para a seguinte semana seguimos con actividades relacionadas co "COELLIÑO BRANCO" ( experimento, receita, manualidade ...)


Exemplo de actividades para que teñades unha referencia. 
Non fai falla imprimir.

https://drive.google.com/file/d/15VJ4s8gX81BDOb_8w_wphYMbS9Q-7skU/view?usp=sharing














domingo, 31 de mayo de 2020

XUÑO (1-5)

Ola familias!
Empezamos o mes de xuño cunha nova proposta. Nesta ocasión xira en torno a unha canción moi primaveral "A ÁRBORE NO XARDÍN".

Aquí vos enlazamos a canción:



Unha vez escoitada pasamos ás actividades. Vai unha proposta para cada día! Ao final de todo van as actividades en pdf, por se alguén prefire imprimilas (pero non é necesario) ou para facerse unha idea do que hai que facer.

LUNS:
--Escribimos o título da canción.

- Facemos o debuxo de todo o que vai aparecendo na árbore( froita, animais).


MARTES:
- Nun folio, escribir os animais que van aparecendo , para traballar así a lecto-escritura e tamén os números ordinais (do 1º ao 5º).

- Contar os diferentes animais que aparecen ( exemplo: arañas? 2)

- Pinchades no enlace e accededes a un xogo interactivo para traballar a memoria ( relacionado coa canción).

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5892029-a_arbore_no_xardin.html

MÉRCORES:
-Conciencia fonolóxica. Xogamos ao ritmo dos pés coa profe Fani. Animádesvos?



XOVES:
- Xogamos ás adiviñas coa profe Conchi. Seredes quen de adiviñar de quen está a falar?. Se aínda non vos queda claro, avisádenos que vos damos máis pistas. Pinchade no enlace.






Logo de adiviñar do que estaba a falar Conchi, pasamos a facer a actividade:

- Nun folio, escribimos a solución, contamos as letras e poñemos o número.
-Facemos o debuxo.

VENRES:
- Coa solución facemos un acróstico.
- Contamos as letras e poñemos número. E logo ordeamos de menor a maior. 





ENLACE COAS ACTIVIDADES PARA QUE VOS FAGADES UNHA IDEA DO QUE HAI QUE FACER ( NON FAI FALLA IMPRIMIR).
RECORDADE VISIONAR OS VÍDEOS.

https://drive.google.com/file/d/15xK0hJ-u_cwdwaG3WhdmSrcucxjvIWXT/view?usp=sharing

MOI BOA SEMANA!












DIVERTÍMONOS NA CASA VIII


Esta semana traballouse Van Gogh!





domingo, 24 de mayo de 2020

MAIO 25-29 MAIO)

Ola familias:
Empezamos nova semana e nesta ocasión unha nova proposta que esperamos vos guste.

Primeiro de todo,  intentade, na medida do posible, repasar os nomes dos compañeiros e compañeiras da escola.

Esta semana imos convertirnos en detectives e tratar de investigar todo o que podades sobre a seguinte imaxe.

1.- Luns: O primeiro que tendes que facer é observar e logo escoller dúas palabras claves e  poñelas no buscador de google e así adiviñar de que se trata.



- Unha vez que xa saibades de que se trata poñedes nun folio o nome da obra e nome do pintor. Contades as palabras a ritmo de palmas e despois as letras e escribides o número.


NOME DO PINTOR:________________________________________ (contamos palabras a ritmo de palmas e tamén as letras e escribimos grafía)

TÍTULO DA OBRA:_______________________________(contamos palabras e letras e poñedes grafía).


- Facedes un puzle interactivo.
Tendes que pinchar no enlace, facer o puzle, darlle a "TERMINADO" e logo escribir o nome e apelidos. Despois xa nos chega o traballo ao noso correo.
Unha vez que facedes a actividade e cubrides datos, vense os resultados da tarefa. Se acertástedes todos/as. Pódese repetir as veces que se queira.

https://es.liveworksheets.com/c?a=s&g=5%C2%BAEI&s=GLOBALIZADO&t=4qx047hynm&l=cl&i=cffuoo&r=fv

2.-A prosposta para o Martes: consiste nunha visita virtual por un museo de AMSTERDAM, no que podedes ver todas as obras de Vicent Van Gogh. Hai 4 andares que poderedes  ver con StreetView". Se pinchades nunha obra en concreto xa vos transporta á parte do museo na que se topa.
Viaxamos a Amsterdam?.











Logo escolledes unha obra, a que queirades, e facedes unha obra de arte coas técnicas plásticas que desexedes. Tamén podedes facer só o debuxo se non dispoñedes de moito tempo.




Aquí un exemplo:

Por último: NOME DA OBRA



3.- Proposta para o Mércores: Van Gogh era moi dado a pintar autorretratos. Facedes un?

Unha vez que fagades o voso autorretrato, poñedes o voso nome, contades as letras que ten, poñedes número e logo traballades as matemáticas coa descomposición do mesmo. Por exemplo o número 3 (1+2,2+1,3+0,0+3) poderedes empregar coches, bonecas, construcións...








EXEMPLO DE DESCOMPOSICIÓN:





4.- Xoves: tres posibles opcións. Facedes a que máis vos goste ou apeteza.

- Plantar pipas e observar a evolución do xirasol.

-  Debuxar un XIRASOL, recortar, dobrar as puntas e mergullar en auga. Que pasará?




-Debuxar un XIRASOL en rolo de papel dobrado e mergullar en auga. MAXIA!



5.- Venres:  Volvemos ás actividades interactivas!

- EDILIM DE VAN GOGH ( necesita flash), dende o móbil non se visiona. No ordenador tarda un pouco en abrirse ( polos menos en Safari).



- Estas dúas actividades son do estilo da proposta do Luns. Pinchades no enlace, facedes a actividade e poñedes o voso nome e apelidos. 

Boa semana
Se tendes algunha dúbida, contactade con nós. 
Grazas pola vosa participación.