miércoles, 21 de diciembre de 2016

BO NADAL!!!

OS NENOS, NENAS E PROFES DE INFANTIL QUEREMOS DESEXARVOS UN BO NADAL E UN FELIZ ANO 2017. 

E COMA O CURSO PASADO, FACÉMOLO CANTANDO:


martes, 22 de noviembre de 2016

ACTUACIÓNS FESTA DE OUTONO 2016

O VENRES DÍA 18 DE NOVEMBRO, TIVEMOS A DEGUSTACIÓN DE FROITOS DE OUTONO, E ADEMAIS CANTÁMOSLLE E RECITÁMOSLLE A ESTA ESTACIÓN . AQUÍ TEDES A MOSTRA CON ESTES VIDEOS.
NOS PRÓXIMOS DÍAS POÑEREMOS TAMÉN ALGUNHA FOTO DA CELEBRACIÓN.







lunes, 21 de noviembre de 2016

CONTACONTOS

Mañá, 22 de novembro teremos a visita da escritora e ilustradora, ESTEFANÍA PADULLÉS, co conto "O desexo do gato Klops"



sábado, 19 de noviembre de 2016

ANIVERSARIO

O 16 DE NOVEMBRO ESTIVO JESSICA DE ANIVERSARIO.

 MOITAS FELICIDADES




FOLLAS DE OUTONO

O xoves, 17 de novembro, aproveitando o día soleado, decidimos ir a recoller follas de outono de diferentes árbores que temos no patio da escola ( carballo, castiñeiro, nogueira, ....)
Unha vez na aula fixemos un repaso do visto e clasificamos por tamaños, cores, formas....)


jueves, 17 de noviembre de 2016

Fai uns días os nenos/as de 5º de E.I. fomos de excursión ao Parque de Bombeiros de Barreiros, pásamolo xenial. Ensináronnos as instalacións do parque, as súas funcións, encargados, camións, vestimentas e medidas a tomar en caso de incendio, entre outras cousas. Foi unha mañá moi divertida e todo grazas á paciencia e empeño dos bombeiros.
 MIL GRAZAS POLA VOSA ATENCIÓN E TRATO RECIBIDO.

Os pequenos e pequenas de 5ºB, tiveron a oportunidade de ver de cerca unha cabaza ( tamaños, cores, texturas, que tiña dentro...) Logo fixemos maxia, valéndonos da Realidade Aumentada. Convertimos unha cabaza debuxada nun papel, en cabazas de verdade (ata bailarinas) A aplicación chámase "QUIVER"
SEGUIMOS CO SAMAÍN CUNHAS FOTOS DAS CABAZAS TAN BONITAS QUE FIXERON OS PEQUENOS E PEQUENAS DE 5ºB.
MOITAS GRAZAS.


CORRE CORRE CABACIÑA

CON MOTIVO DO SAMAÍN FIXEMOS UNHAS FOTOS EN ALUSIÓN AO CONTO "CORRE CORRE CABACIÑA"

lunes, 14 de noviembre de 2016

EXCURSIÓN

Mañá, 15 de novembro, os nenos e nenas de 5º de E.I., vamos de excursión, ao parque de  bombeiros de Barreiros.




lunes, 24 de octubre de 2016


Nesta semana traballaremos o Samaín por iso os nenos e nenas en colaboracións coas familias fixeron unha exposición de cabazas moi bonita, que en breve subiremos ao blog.

Ademais este venres, 28 de outubro os pequenos e pequenas de Infantil, irán a aula de BIBLIOTECA, na que terán unha sorpresa terrorífica ( un conto alusivo ao momento) contado polos máis maiores da escola. Tamén teremos preparado un baile.



Véxase máis abaixo.








miércoles, 19 de octubre de 2016

QUE BEN O PASAMOS

EXPERIMENTOS

Hoxe os nenos e nenas de 5º B, fixeron un experimento.

O primeiro de todo foi engadir auga en tres vaso de plástico. Nun deles deixamos caer unha pouca de tinta azul, noutro amarela e no terceiro vermella. Que pasaría?

Unha vez que xa tiñamos a auga das cores xa mencionadas,  fixemos maxia e apareceron outras cores ( verde, morado, marrón, laranxa)

Noutra sesión fixemos un Volcán en erupción, engandindolle  a auga coloreada bicarbonato e vinagre.
Encantoulles






ANIVERSARIO

O 19 de setembro celebramos o aniversario de Daniel.




PRESENTACIÓN ALUMNOS E ALUMNAS

Xa ía sendo hora de presentar ao grupo de 5ºB.
Este curso temos unha nova compañeira.
Benvida Jessica!!!


jueves, 30 de junio de 2016

SAÍDA A CANGAS 2016

CANDO SE ACHEGA O REMATE DO CURSO, FACEMOS UNHA SAÍDA TODOS XUNTOS. OUTROS ANOS ÍBASE A SARGADELOS, PERO DESDE O CURSO PASADO EMPEZAMOS A IR AO CAMPO DE FÚTBOL DE CANGAS. ALÍ FORMAMOS EQUIPOS E FACEMOS XOGOS COS PROFES. PASÁMOLO MOI BEN!!!!

AQUÍ DEIXAMOS UN EXEMPLO DESTE ANO:



viernes, 27 de mayo de 2016

jueves, 19 de mayo de 2016

MAXIA NO COLE


EN ABRIL TIVEMOS UN DÍA MÁXICO COA VISITA DO MAGO DAVID MÉNDEZ.
PARA QUE COMPARTADES CON NÓS ESTA EXPERIENCIA, E OS PEQUES O RECORDEN, PUBLICAMOS ALGÚNS DOS MOMENTOS DA SÚA ACTUACIÓN. 
COMO TIVEMOS QUE PASAR EN DOUS GRUPOS, NUN VIDEO ESTÁN OS NENOS E NENAS DE CHUS, DE MARI LUZ E DE LUPE E NOUTRO ESTÁN OS DE CONCHI, MARI CARMEN E MABEL. 

viernes, 6 de mayo de 2016

EXCURSIÓN DE 6º DE INFANTIL EN TREN

OS NENOS E NENAS DE 6º DE INFANTIL FIXEMOS UNHA VIAXE EN TREN ATA SAN MIGUEL DE REINANTE, XOGAMOS UN POUCO NA PRAIA E LOGO VOLTAMOS EN AUTOBÚS.


martes, 26 de abril de 2016

EXCURSIÓN DE 5º DE INFANTIL.


O VENRES DÍA 15 OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS FOMOS Á AULA DE CONSUMO DE VEGADEO E APRENDEMOS A FACER MADALENAS. ESTAMOS FEITOS UNS COCIÑEIROS!!!!




martes, 22 de marzo de 2016

jueves, 25 de febrero de 2016

OS OFICIOS DOS PAPÁS E MAMÁS DE 6º DE INFANTIL

    Nas aulas de 6º de E. Infantil están traballando o tema dos oficios, por ese motivo reciben durante esta semana, a visita de pais e nais que lles explican o seu traballo.
     Este luns tivemos no patio un hospital de campaña, máis dúas ambulancias, e fixeronnos partícipes da experiencia ao resto do alumnado e ás profes de infantil. O cal agradecemos enormemente, xa que foi unha experiencia inolvidable.

viernes, 29 de enero de 2016

DÍA DA PAZ


 O día 30 de Xaneiro conmemórase a morte do líder nacional e espiritual da India, o Mahatma Gandhi, o 30 de Xaneiro de 1948, asasinado a tiros por un fanático hinduista. 

E hoxe os nenos e nenas de Infantil celebramos
o Día Escolar da Non-Violencia e da Paz.