viernes, 29 de mayo de 2015

VIAXE EN TREN


O Martes, 2 de xuño, os nenos e nenas de 6º, iremos de viaxe en tren ata Barreiros; vila na merendaremos á beira da praia.


miércoles, 27 de mayo de 2015

Excursión a Cangas

Mañá , Xoves 28 de maio os peques de Castros van de excursión a Cangas, onde pasarán a mañá xogando e disfrutando do entorno (se o tempo o permite).

 Os xogos desenvólvense en equipos de 8 integrantes máis ou menos, cun capitán/na.
Rotarán libremente por cada xogo, pasando por todos.
 Ademais levarán un distintivo para facilitar o seu desenvolvemento ( círculo vermello, nube amarela, cadrado azul, triángulo verde...)



MINI CONCERTO



O Venres 22 de maio, viñeron a facernos unha visita, 4 profesores da Escola de Música de Burela, na que aproveitaron para presentarnos algúns instrumentos musicais como o clarinete, óboe , marimba..., ademais de deleitarnos coa súa música.

Tamén os acompañaron un grupo formado por alumnos e alumnas de 5º de E.P.

Estivo xenail






ANIVERSARIOS



O mes de maio acábase!
 Así que vamos pór un vídeo dos tres Aniversarios que celebramos.
Parabéns para Leire, Paula e Raquel.
Que maiores!





Mural Primavera ( 6º E.I.)

Como seguimos coa Primavera, aquí un resumo, do mural tan  bonito que fixeron os nenos de 6ºE.I.



Plantamos Gladiolos



Aproveitando que estamos na Primavera, os nenos e nenas de 6º E.I., plantaron gladiolos nunha maceta, previamente decorada. 

Xa veredes canto traballaron!





lunes, 11 de mayo de 2015

Letras Galegas

Achégase o 17 de maio, e como non ía ser menos, os nenos e nenas de E.I., están preparando unha pequena sorpresa, cantarán, recitarán e dramatizarán,
Nestos días estánse preparando.  De momento un pequeno adianto do que van facer os maiores de infantil.

Os nenos e nenas de 6ºA, cantarán "DIME QUE FIXECHES" do grupo galego MIGALLAS


E os de 6ºB, outra de MIGALLAS, "  PAN DE MILLO"


 

viernes, 8 de mayo de 2015

LETRAS GALEGAS 2015

Nesta semana ademais de preparar o festival, das Letras Galegas tamén buscaremos información sobre o escritor ao que este ano se lle adican as LETRAS, XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE.
Clika na imaxe.





AQUÍ OUTRO ENLACE CON MÁIS INFORMACIÓNE ( PINCHA EN ENLACE)

LETRAS GALEGAS, POR QUE?

Nuns días celebraremos as LETRAS GALEGAS,   así que antes de saber a quen se lle adican vamos ler porque se celebran.

Pincha na imaxe e poderedes ver a información.


viernes, 1 de mayo de 2015

EXCURSIÓN GRANXA-ESCOLA

Chegou o gran día!

Os nenos e nenas de 6º de E.I., foron de excursión á Granxa-Escola  "RÍA DEL EO" en Castropol.

Unha vez alí repartironse en  4 equipos, dirixidos por un coordinador cada un ( as galiñas, os gatos...)
para logo empezar a disfrutar do día.

Os peques dos Castros fixeron pan, montaron a cabalo, plantaron leitugas, coñeceron os animais da granxa, fixeron un marca páxinas, un poliño, e por suposto xogos antes e despois de comer.

A continuación veremos un pequeno resumo dos talleres e actividades que fixeron.