viernes, 1 de mayo de 2015

EXCURSIÓN GRANXA-ESCOLA

Chegou o gran día!

Os nenos e nenas de 6º de E.I., foron de excursión á Granxa-Escola  "RÍA DEL EO" en Castropol.

Unha vez alí repartironse en  4 equipos, dirixidos por un coordinador cada un ( as galiñas, os gatos...)
para logo empezar a disfrutar do día.

Os peques dos Castros fixeron pan, montaron a cabalo, plantaron leitugas, coñeceron os animais da granxa, fixeron un marca páxinas, un poliño, e por suposto xogos antes e despois de comer.

A continuación veremos un pequeno resumo dos talleres e actividades que fixeron.





No hay comentarios:

Publicar un comentario