martes, 22 de noviembre de 2016

ACTUACIÓNS FESTA DE OUTONO 2016

O VENRES DÍA 18 DE NOVEMBRO, TIVEMOS A DEGUSTACIÓN DE FROITOS DE OUTONO, E ADEMAIS CANTÁMOSLLE E RECITÁMOSLLE A ESTA ESTACIÓN . AQUÍ TEDES A MOSTRA CON ESTES VIDEOS.
NOS PRÓXIMOS DÍAS POÑEREMOS TAMÉN ALGUNHA FOTO DA CELEBRACIÓN.







lunes, 21 de noviembre de 2016

CONTACONTOS

Mañá, 22 de novembro teremos a visita da escritora e ilustradora, ESTEFANÍA PADULLÉS, co conto "O desexo do gato Klops"



sábado, 19 de noviembre de 2016

ANIVERSARIO

O 16 DE NOVEMBRO ESTIVO JESSICA DE ANIVERSARIO.

 MOITAS FELICIDADES




FOLLAS DE OUTONO

O xoves, 17 de novembro, aproveitando o día soleado, decidimos ir a recoller follas de outono de diferentes árbores que temos no patio da escola ( carballo, castiñeiro, nogueira, ....)
Unha vez na aula fixemos un repaso do visto e clasificamos por tamaños, cores, formas....)


jueves, 17 de noviembre de 2016

Fai uns días os nenos/as de 5º de E.I. fomos de excursión ao Parque de Bombeiros de Barreiros, pásamolo xenial. Ensináronnos as instalacións do parque, as súas funcións, encargados, camións, vestimentas e medidas a tomar en caso de incendio, entre outras cousas. Foi unha mañá moi divertida e todo grazas á paciencia e empeño dos bombeiros.
 MIL GRAZAS POLA VOSA ATENCIÓN E TRATO RECIBIDO.

Os pequenos e pequenas de 5ºB, tiveron a oportunidade de ver de cerca unha cabaza ( tamaños, cores, texturas, que tiña dentro...) Logo fixemos maxia, valéndonos da Realidade Aumentada. Convertimos unha cabaza debuxada nun papel, en cabazas de verdade (ata bailarinas) A aplicación chámase "QUIVER"
SEGUIMOS CO SAMAÍN CUNHAS FOTOS DAS CABAZAS TAN BONITAS QUE FIXERON OS PEQUENOS E PEQUENAS DE 5ºB.
MOITAS GRAZAS.


CORRE CORRE CABACIÑA

CON MOTIVO DO SAMAÍN FIXEMOS UNHAS FOTOS EN ALUSIÓN AO CONTO "CORRE CORRE CABACIÑA"

lunes, 14 de noviembre de 2016

EXCURSIÓN

Mañá, 15 de novembro, os nenos e nenas de 5º de E.I., vamos de excursión, ao parque de  bombeiros de Barreiros.