domingo, 31 de mayo de 2020

XUÑO (1-5)

Ola familias!
Empezamos o mes de xuño cunha nova proposta. Nesta ocasión xira en torno a unha canción moi primaveral "A ÁRBORE NO XARDÍN".

Aquí vos enlazamos a canción:



Unha vez escoitada pasamos ás actividades. Vai unha proposta para cada día! Ao final de todo van as actividades en pdf, por se alguén prefire imprimilas (pero non é necesario) ou para facerse unha idea do que hai que facer.

LUNS:
--Escribimos o título da canción.

- Facemos o debuxo de todo o que vai aparecendo na árbore( froita, animais).


MARTES:
- Nun folio, escribir os animais que van aparecendo , para traballar así a lecto-escritura e tamén os números ordinais (do 1º ao 5º).

- Contar os diferentes animais que aparecen ( exemplo: arañas? 2)

- Pinchades no enlace e accededes a un xogo interactivo para traballar a memoria ( relacionado coa canción).

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5892029-a_arbore_no_xardin.html

MÉRCORES:
-Conciencia fonolóxica. Xogamos ao ritmo dos pés coa profe Fani. Animádesvos?



XOVES:
- Xogamos ás adiviñas coa profe Conchi. Seredes quen de adiviñar de quen está a falar?. Se aínda non vos queda claro, avisádenos que vos damos máis pistas. Pinchade no enlace.






Logo de adiviñar do que estaba a falar Conchi, pasamos a facer a actividade:

- Nun folio, escribimos a solución, contamos as letras e poñemos o número.
-Facemos o debuxo.

VENRES:
- Coa solución facemos un acróstico.
- Contamos as letras e poñemos número. E logo ordeamos de menor a maior. 





ENLACE COAS ACTIVIDADES PARA QUE VOS FAGADES UNHA IDEA DO QUE HAI QUE FACER ( NON FAI FALLA IMPRIMIR).
RECORDADE VISIONAR OS VÍDEOS.

https://drive.google.com/file/d/15xK0hJ-u_cwdwaG3WhdmSrcucxjvIWXT/view?usp=sharing

MOI BOA SEMANA!












DIVERTÍMONOS NA CASA VIII


Esta semana traballouse Van Gogh!





domingo, 24 de mayo de 2020

MAIO 25-29 MAIO)

Ola familias:
Empezamos nova semana e nesta ocasión unha nova proposta que esperamos vos guste.

Primeiro de todo,  intentade, na medida do posible, repasar os nomes dos compañeiros e compañeiras da escola.

Esta semana imos convertirnos en detectives e tratar de investigar todo o que podades sobre a seguinte imaxe.

1.- Luns: O primeiro que tendes que facer é observar e logo escoller dúas palabras claves e  poñelas no buscador de google e así adiviñar de que se trata.



- Unha vez que xa saibades de que se trata poñedes nun folio o nome da obra e nome do pintor. Contades as palabras a ritmo de palmas e despois as letras e escribides o número.


NOME DO PINTOR:________________________________________ (contamos palabras a ritmo de palmas e tamén as letras e escribimos grafía)

TÍTULO DA OBRA:_______________________________(contamos palabras e letras e poñedes grafía).


- Facedes un puzle interactivo.
Tendes que pinchar no enlace, facer o puzle, darlle a "TERMINADO" e logo escribir o nome e apelidos. Despois xa nos chega o traballo ao noso correo.
Unha vez que facedes a actividade e cubrides datos, vense os resultados da tarefa. Se acertástedes todos/as. Pódese repetir as veces que se queira.

https://es.liveworksheets.com/c?a=s&g=5%C2%BAEI&s=GLOBALIZADO&t=4qx047hynm&l=cl&i=cffuoo&r=fv

2.-A prosposta para o Martes: consiste nunha visita virtual por un museo de AMSTERDAM, no que podedes ver todas as obras de Vicent Van Gogh. Hai 4 andares que poderedes  ver con StreetView". Se pinchades nunha obra en concreto xa vos transporta á parte do museo na que se topa.
Viaxamos a Amsterdam?.











Logo escolledes unha obra, a que queirades, e facedes unha obra de arte coas técnicas plásticas que desexedes. Tamén podedes facer só o debuxo se non dispoñedes de moito tempo.




Aquí un exemplo:

Por último: NOME DA OBRA



3.- Proposta para o Mércores: Van Gogh era moi dado a pintar autorretratos. Facedes un?

Unha vez que fagades o voso autorretrato, poñedes o voso nome, contades as letras que ten, poñedes número e logo traballades as matemáticas coa descomposición do mesmo. Por exemplo o número 3 (1+2,2+1,3+0,0+3) poderedes empregar coches, bonecas, construcións...








EXEMPLO DE DESCOMPOSICIÓN:





4.- Xoves: tres posibles opcións. Facedes a que máis vos goste ou apeteza.

- Plantar pipas e observar a evolución do xirasol.

-  Debuxar un XIRASOL, recortar, dobrar as puntas e mergullar en auga. Que pasará?




-Debuxar un XIRASOL en rolo de papel dobrado e mergullar en auga. MAXIA!



5.- Venres:  Volvemos ás actividades interactivas!

- EDILIM DE VAN GOGH ( necesita flash), dende o móbil non se visiona. No ordenador tarda un pouco en abrirse ( polos menos en Safari).



- Estas dúas actividades son do estilo da proposta do Luns. Pinchades no enlace, facedes a actividade e poñedes o voso nome e apelidos. 

Boa semana
Se tendes algunha dúbida, contactade con nós. 
Grazas pola vosa participación.




DIVERTÍMONOS NA CASA VII

Un pequeno resumo.
Esperamos que vos guste!










domingo, 17 de mayo de 2020

MAIO (DÍA 18-22 )


Ola familias:
Nesta ocasión o punto de partida das actividades desta semana vai ser unha canción de  Magín Blanco "Todo o día na casiña". Moi adaptada para estos tempos.





1.- Escoitar a canción
 Falar cos nenos e nenas de como se sinten nesta nova situación, tristes, contentos.... E que é o que máis lles gusta de estar tanto na casa. 
Logo farán un debuxo da súa familia ( das persoas que viven con el/ela na casa). Nese debuxo faremos fincapé nas expresións das caras da familia ( contentas, tristes, enfadadas...). 


2.- Dende que teñan o debuxo feito e coloreado, escribirán o nome e parentesco dos debuxados, contarán as letras e porán o número.


3.- Outra proposta será   a de debuxar formas xeométricas ( cadrados, triángulos, rectángulos...) , recortar e despois con esas formas facer unha montaxe: un conxunto de casas, ás que non lles faltarán as portas, fiestras... e incluso algunha árbore ao carón, o sol... Podedes xogar coas diferentes cores, texturas (cartolinas, folios, xornais, revistas),  tamaños... 
ANIMÁDESVOS?



4.- Seguimos coas formas xeométricas!
Nesta ocasión toca cociñar pero o os ingredientes van ser un pouco diferentes.
Ingredientes: círculos, liñas curvas, puntos...
E os nosos utensilios para traballar serán: lápises, pinturas, ceras, témperas, rotuladores e un folio cun prato debuxado.
Agora o seguinte paso é facer unha sinxela receita de círculos seguindo os pasos que  Hervé Tullet nos indica. Aí vai a receita:



 Este é un posible exemplo de como quedaría, fáltanos engadir os cubertos para poder degustala. 


Con esta actividade traballaremos a creatividade,  motricidade fina, os números; xa que temos que prestar atención ás cantidades e ás posicións dos ingredientes e a escritura pois temos que por o nome da receita.

5.-Se queredes podedes coller pola casa obxectos que teñan forma de círculo, cadrado, triángulo e rectángulo e clasificalos. Despois contades as formas que hai en cada grupo e poñedes o número. Escolledes un deses números e descompoñedelo. 






Xa nos tarda ver as vosas obras de arte!
Ah! Non esquezades por o voso nome.
Tendes unha proposta para cada día da semana por se vos serve de orientación.
Moi boa semana.





sábado, 16 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS 2020


Unha pequena mostra das nosas palabras favoritas na LINGUA GALEGA.


Moitas grazas pola vosa colaboración!

















lunes, 11 de mayo de 2020

DIVERTÍMONOS NA CASA VI

Unha pequena mostra do que fixeron os nenos e nenas de 5º de E.I.






Pinchade nas imaxes e veredes quen ben nos contan os contos da "EIRUGA COMELLONA"

















domingo, 10 de mayo de 2020

MAIO (11-15)

Para esta semana novas propostas.
Nesta ocasión como se achega a celebración das LETRAS GALEGAS, e non podemos festexalas como se merecen, imos a suxerirvos as seguintes actividades.

1.- Acceder ao seguinte enlace para realizar as actividades propostas on line e así saber algo máis de Carvalho Calero. 

http://seminariogalan.org/inicio/ver/461



2.- Pensar na vosa palabra favorita en galego e logo escribila, pintala, darlle forma con coches, construccións, tapóns... IMAXINACIÓN AO PODER!

Enviarlla ás titoras antes do 15 de maio. Imos a facer unha montaxe coa actividade da " PALABRA FAVORITA", así que podedes sacar unha foto coa palabra e o seu debuxo e enviala ao correo  da titora, ou móbil (na que apareza o neno ou nena).

3.- Facer un debuxo da palabra escollida.



4.- Noutro folio poñer o número de letras que ten a palabra escollida e descomponer o número usando tapóns, coches...
Facer un acróstico da palabra (BÁGOA, B de bacalao, A de araña, G de gato, O de oso, A de árbore).

5.- Pincha no seguinte enlace e disfruta:

https://view.genial.ly/5eb042186f16bf0d194d52c8/presentation-letras20

UNHA PROPOSTA PARA CADA DÍA!


Que pasedes unha boa semana.
Grazas pola vos participación.

XA NOS TARDA VER AS VOSAS PROPOSTAS!

jueves, 7 de mayo de 2020

OS NENOS E NENAS CÓNTANNOS CONTOS



Neste vídeo podedes ver que artistas temos no noso cole. Parabéns!

CONTO " ME VISTO YO SOLA"





CONTO: " COMO ENSEÑAR A TU COCODRILO A LAVARSE LOS DIENTES"


PINCHA NA IMAXE PARA VER O OUTRO CONTO.








martes, 5 de mayo de 2020

XOGO DA OCA BULEBULE

Se tendes ganas de xogar aquí vos deixamos unha proposta da profe Ersilia: O xogo da "oca bulebule". Se pinchade no enlace podedes acceder ás normas do xogo. Para imprimir un tableiro máis grande clicade na imaxe.






https://drive.google.com/file/d/1JaI7eQai5ZsBWPJylNEPlfPqw3yTwmjO/view?usp=sharing



lunes, 4 de mayo de 2020

A PALABRA MÁIS FERMOSA

Ola familias:
Como xa sabedes o 17 de maio celébranse as LETRAS GALEGAS. 
Este ano adícanselle a CARVALHO CALERO.
Dende o cole temos unha proposta para aqueles que queiran participar: FACERSE UNHA FOTO COA SÚA PALABRA FAVORITA NA LINGUA GALEGA. Poden escribila e facer o debuxo da palabra, ou só escribila, pintala, darlle forma co que se teña pola casa... en fin calquera idea estará ben.
O 14 de maio ( ás 14:00 horas), péchase o prazo de participación.
As fotos pasaránselle ás titoras por correo electrónico, whatsapp ...
Quen se anima?


Se queredes saber algo sobre CARVALHO CALERO, pinchade na imaxe.




Se entrades no seguinte enlace, en "ACTIVIDADES EN LIÑA", podedes atopar xogos relacionados con este escritor para as distintas idades de Educación Infantil.

http://seminariogalan.org/inicio/portada

domingo, 3 de mayo de 2020

ACTIVIDADES MAIO (DÍA 4-,8)

Comezamos unha nova semana e nesta ocasión un pouco máis contentos pois podemos  empezar  a sair e pouco a pouco voltar  á normalidade.

ACTIVIDADES SEMANA DO DÍA 4 AO DÍA 8 DE MAIO)
Non son obrigatorias.
Nestes 5 días imos a traballar o conto da "EIRUGUIÑA COMELLONA"

1.- ESCOITAR O CONTO ( no lado dereito do blogue, en contos aparece A EIRUGUIÑA COMELLONA.
2.- FACER UN DEBUXO DO CONTO OU MANUALIDADE






3.- CONTESTAR ÁS SEGUINTES PREGUNTAS:

Nun folio, por nome e apelidos e logo completar coas respostas . Sempre escrito en letras maiúsculas.
. NOME ALUMNO/A:
- TÍTULO DO CONTO:
- QUE COME A EIRUGA O LUNS?:
- QUE COME O MARTES?:
- QUE COME O MÉRCORES?:
- QUE COME O XOVES?:
- DE QUE SE ALIMENTA O VENRES?:
- QUE COME O SÁBADO?:
- E O DOMINGO QUE COME?:
- EN QUE SE CONVIRTE A EIRUGA?
- CONTA E ESCRIBE O NÚMERO DE ALIMENTOS QUE COME CADA DÍA DA SEMANA.  E O TOTAL DE ALIMENTOS QUE COMEU TODA A SEMANA.

Nesta actividade traballamos a actividade plástica, a lecto- escritura ( que escriban como  elxs  sexan capaces, e se necesitan axuda sempre partindo do son das letras) e a lóxico matemática ( a continuación algún exemplo).

4.- TRABALLAMOS A LÓXICO MATEMÁTICA

Pintamos segundo a cantidade. Pode ser con rotulador, ceras...



 Sumamos. Non pasarnos do 10 como resultado total da suma.


Podemos completar o número que lle sigue (ata o 10)




Tamén poden sumar o número de amorodos que comeu a eiruga ao número de peras, e así coas diferentes froitas traballando o cálculo mental. Non exceder na suma do número 10 como total.

EXEMPLO: 1 MAZÁ+ 3 AMEIXAS= 4 EN TOTAL. ( Por escrito ou de forma oral, para traballar o cálculo mental).

5.- REALIDADE AUMENTADA
- Descargamos a aplicación: "Mi pequeña oruga glotona".
- Unha vez aberta a aplicación enfocar o móbil ou tablet para o chan.
- Van aparecendo imaxes: círculos  de cores, pincel ( co que se pode pintar, e a eiruga segue o camiño), cofre con obxectos que tamén son interactivos ( a eiruga por exemplo xoga coa pelota), estanque con auga no que se poden ver os animais que hai. As plantas ao carón do estanque e da que sae algún que outro animal.
Logo os nenos e nenas pincharán na pantalla e van ir aparecendo diferentes froitos que a eiruga vai comendo. Cada vez que come vai durmir ao tronco da árbore que está talado. Desperta e volvedes a pinchar na pantalla para que siga comendo. E cando a vexades moi gordiña de tanto comer observaredes o que pasa. Non o perdades está moi entretido. Que vos parece que será? Xa nos contaredes.