Ola familias:
Nesta ocasión o punto de partida das actividades desta semana vai ser unha canción de Magín Blanco "Todo o día na casiña". Moi adaptada para estos tempos.
1.- Escoitar a canción
Falar cos nenos e nenas de como se sinten nesta nova situación, tristes, contentos.... E que é o que máis lles gusta de estar tanto na casa.
Logo farán un debuxo da súa familia ( das persoas que viven con el/ela na casa). Nese debuxo faremos fincapé nas expresións das caras da familia ( contentas, tristes, enfadadas...).
2.- Dende que teñan o debuxo feito e coloreado, escribirán o nome e parentesco dos debuxados, contarán as letras e porán o número.
3.- Outra proposta será a de debuxar formas xeométricas ( cadrados, triángulos, rectángulos...) , recortar e despois con esas formas facer unha montaxe: un conxunto de casas, ás que non lles faltarán as portas, fiestras... e incluso algunha árbore ao carón, o sol... Podedes xogar coas diferentes cores, texturas (cartolinas, folios, xornais, revistas), tamaños...
ANIMÁDESVOS?
4.- Seguimos coas formas xeométricas!
Nesta ocasión toca cociñar pero o os ingredientes van ser un pouco diferentes.
Ingredientes: círculos, liñas curvas, puntos...
E os nosos utensilios para traballar serán: lápises, pinturas, ceras, témperas, rotuladores e un folio cun prato debuxado.
Agora o seguinte paso é facer unha sinxela receita de círculos seguindo os pasos que Hervé Tullet nos indica. Aí vai a receita:
5.-Se queredes podedes coller pola casa obxectos que teñan forma de círculo, cadrado, triángulo e rectángulo e clasificalos. Despois contades as formas que hai en cada grupo e poñedes o número. Escolledes un deses números e descompoñedelo.
Ah! Non esquezades por o voso nome.
Tendes unha proposta para cada día da semana por se vos serve de orientación.
Moi boa semana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario