Empezamos nova semana e nesta ocasión unha nova proposta que esperamos vos guste.
Primeiro de todo, intentade, na medida do posible, repasar os nomes dos compañeiros e compañeiras da escola.
Esta semana imos convertirnos en detectives e tratar de investigar todo o que podades sobre a seguinte imaxe.
1.- Luns: O primeiro que tendes que facer é observar e logo escoller dúas palabras claves e poñelas no buscador de google e así adiviñar de que se trata.
- Unha vez que xa saibades de que se trata poñedes nun folio o nome da obra e nome do pintor. Contades as palabras a ritmo de palmas e despois as letras e escribides o número.
TÍTULO DA OBRA:_______________________________(contamos palabras e letras e poñedes grafía).
- Facedes un puzle interactivo.
Tendes que pinchar no enlace, facer o puzle, darlle a "TERMINADO" e logo escribir o nome e apelidos. Despois xa nos chega o traballo ao noso correo.
Unha vez que facedes a actividade e cubrides datos, vense os resultados da tarefa. Se acertástedes todos/as. Pódese repetir as veces que se queira.
https://es.liveworksheets.com/c?a=s&g=5%C2%BAEI&s=GLOBALIZADO&t=4qx047hynm&l=cl&i=cffuoo&r=fv
2.-A prosposta para o Martes: consiste nunha visita virtual por un museo de AMSTERDAM, no que podedes ver todas as obras de Vicent Van Gogh. Hai 4 andares que poderedes ver con StreetView". Se pinchades nunha obra en concreto xa vos transporta á parte do museo na que se topa.
Viaxamos a Amsterdam?.
Logo escolledes unha obra, a que queirades, e facedes unha obra de arte coas técnicas plásticas que desexedes. Tamén podedes facer só o debuxo se non dispoñedes de moito tempo.
Aquí un exemplo:
Por último: NOME DA OBRA
3.- Proposta para o Mércores: Van Gogh era moi dado a pintar autorretratos. Facedes un?
Unha vez que fagades o voso autorretrato, poñedes o voso nome, contades as letras que ten, poñedes número e logo traballades as matemáticas coa descomposición do mesmo. Por exemplo o número 3 (1+2,2+1,3+0,0+3) poderedes empregar coches, bonecas, construcións...
EXEMPLO DE DESCOMPOSICIÓN:
4.- Xoves: tres posibles opcións. Facedes a que máis vos goste ou apeteza.
- Plantar pipas e observar a evolución do xirasol.
- Debuxar un XIRASOL, recortar, dobrar as puntas e mergullar en auga. Que pasará?
-Debuxar un XIRASOL en rolo de papel dobrado e mergullar en auga. MAXIA!
5.- Venres: Volvemos ás actividades interactivas!
- EDILIM DE VAN GOGH ( necesita flash), dende o móbil non se visiona. No ordenador tarda un pouco en abrirse ( polos menos en Safari).

- Estas dúas actividades son do estilo da proposta do Luns. Pinchades no enlace, facedes a actividade e poñedes o voso nome e apelidos.
Boa semana
Se tendes algunha dúbida, contactade con nós.
Grazas pola vosa participación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario