jueves, 11 de junio de 2020

XUÑO (15-19)

ÚLTIMA SEMANA DE COLE, E BEN TRISTE QUE É DADAS AS CIRCUNTANCIAS. ESPEREMOS VOLVER EN SETEMBRO CON TOTAL NORMALIDADE OU O MÁIS PRÓXIMO A ELA.

A semana pasada as propostas xiraron en torno ao conto " O COELLIÑO BRANCO" e esta semana imos continuar.

LUNS 15 DE XUÑO: RECEITA
1.- Elaboramos a receita co ingrediente favorito do Coelliño Branco "AS COLES" ( podedes escoller a que queirades, pizza de coles, ensalada de coles...)
Aquí van posibles exemplos, un sacado da web e outro feito pola profe Fani.









MARTES 16 DE XUÑO: escribimos os ingredientes da receita.
                                          contamos as letras de cada palabra. Por exemplo: COLES
                                                                                                                          1-2-3-4-5
                                                                                                                               5
Plantilla da receita porque se a queredes empregar ( pincha no enlace)

https://drive.google.com/file/d/1cW6FWMx2UGckbFY5ICTWDPw150mGhO_a/view?usp=sharing



MÉRCORES 17 DE XUÑO: ACTIVIDADE PLÁSTICA

1.- Elaboramos unha manualidade relacionada con conto. Se non queredes facer manualidade podedes optar por un debuxo dun dos animais que aparece.

A profe Conchi fai unha manualidade.




XOVES 18 DE XUÑO: EXPERIMENTO
1.- O Coelliño Branco, quere argallar un pouco. Quere verse doutras cores, azul, verde...
Mirade esta presentación en power point


https://drive.google.com/file/d/1FtMRreGRIz7uyZKn-UcrH9nK30plNNl4/view?usp=sharing

O obxectivo deste experimento é traballar as diferentes mesturas que se obtenen das cores primarias.

MATERIAL A EMPREGAR:

- VASOS TRANSPARENTES
-AUGA
- COLORANTE ALIMENTARIO

Divertímonos?


VENRES 19 DE XUÑO

Último día de cole . Xa que non temos festa, nen baile, nen "chupeteadas", polos menos uns xogos.
Un bico moi grande e boas vacacións. Calquera cousa que vaimos sabendo respecto ao novo curso xa vos imos informando e para o que necesitedes xa sabedes como contactar con nós.

LIM SOBRE O COELLIÑO BRANCO, PARA DIVERTIRVOS UN POUCO.

http://pequecholandia.blogspot.com/2012/10/lim-o-coellino-branco.html

http://actividadeslim.blogspot.com/2012/04/o-coellino-branco.html

ACTVIDADES MEMORIA EDUCAPLAY:


https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5888091-o_coellino_branco.html

ENCRUCILLADO

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/6021008-encrucillado_o_coellino_branco.html





BICOS E BO VERÁN





jueves, 4 de junio de 2020

XUÑO (9-12)

Ola familias
Xa non queda nada para o remate das clases e nesta ocasión imos  partir dun conto que aos nenos e nenas lles encanta " O COELLIÑO BRANCO"

Ao final de todo aparecen en pdf as actividades para que teñades unha posible orientación.

MARTES 9 DE XUÑO: 
Visionado do conto e da canción:





PROPOSTA: - escribimos, por orde de aparición, os animais que aparecen no conto.

MÉRCORES 10 DE XUÑO: CONCIENCIA FONOLÓXIA ( sílabas)
Nesta ocasión imos contar ao ritmo das palmadas, o número de sílabas que tenen as personaxes do conto. Exemplo: COELLO ( CO-E-LLO).
                                                1     2   3
                                                      3
Tamén podedes practicar cos vosos nomes, os nomes das vosas mascotas, das vosas familias... Animádesvos?

XOVES 11 DE XUÑO: LÓXICO- MATEMÁTICA

Cantos animais aparecen no conto? Podemos facer o número con limpa pipas, plastilina, tapóns e incluso coller un envase transparente e engadirlle fariña, area, azucre...e debuxar a grafía. Ou senon con rotulador.
Logo podemos: - descompor o número en cuestión (6),
                          -  escribir os amigos do 6 ( anterior e posterior, 5,7)
Este é un exemplo de descomposición do número 2.


VENRES 12 DE XUÑO: ADIVIÑA
Escoitamos a adiviña. Pincha no enlace (educaplay)

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/6020762-o_coellino_branco.html

Escribimos a solución.
Facemos o debuxo.
Aprendemos a adiviña ( prazo ata o 19 de xuño, último día de cole)

Para a seguinte semana seguimos con actividades relacionadas co "COELLIÑO BRANCO" ( experimento, receita, manualidade ...)


Exemplo de actividades para que teñades unha referencia. 
Non fai falla imprimir.

https://drive.google.com/file/d/15VJ4s8gX81BDOb_8w_wphYMbS9Q-7skU/view?usp=sharing