miércoles, 30 de mayo de 2018

DÍA DO LIBRO (Apadriñamentos Lectores)



Os nenos e nenas do CEIP VIRXE DO CARME, celebran o DÍA DO LIBRO , cos Apadriñamentos Lectores ( o alumnado de cursos máis altos lenlles aos máis pequenos/as).
Só hai que ver as suas caras.






Na semana do DÍA DO LIBRO tamén se repartiron os premios "DESEÑA A TÚA PORTADA", que consistía en facer un debuxo relacionado co  " PROXECTO DA BIBLIOTECA, SOBRE OS CONCELLOS DA MARIÑA", no caso de Educación Infantil o debuxo foi sobre Burela , proxecto "A NOSA VILA".
O debuxo gañador foi o de Beatriz de 6º de E.I., que se porá, xunto cos outros debuxos gañadores, na portada e contraportada do xornal da nosa escola.






domingo, 27 de mayo de 2018

sábado, 26 de mayo de 2018

GRANXA ESCOLA RÍA DO EO


Os nenos e nenas de 6ºde Educación Infantil foron de excursión á "Granxa Escola Ría do Eo" en Castropol.

Unha vez alí fixeron diferentes actividades como facer pan, montar a cabalo, plantar no horto, manualidades, xogo libre...
Pasáronno xenial.
Aquí unha pequena mostra







viernes, 25 de mayo de 2018

VISITA IAGO LÓPEZ

Hoxe, os nenos e nenas de Educación Infantil tiveron unha visita moi especial.
Iago López veu a contar "CAN BRANCO, CAN NEGRO" do libro "Eu conto, ti cantas..." de María Victoria Moreno, (escritora á que se lle adicaron as LETRAS GALEGAS, este ano).









jueves, 17 de mayo de 2018

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

O CEIP Virxe do Carme celebrou o "DÍA DAS LETRAS GALEGAS", adicado a MARÍA VICTORIA MORENO, na Casa da Cultura.
Participou todo o alumnado con cancións, bailes, obras teatrais...
Os pequenos e pequenas de infantil, cantaron e bailaron a canción " ISTO BAILASE ASÍ"



No seguinte enlace ( páxina da biblioteca do centro) pódese ver un pequeno resumo do ben que o fixeron e o ben que o pasaron.
Pinchade no enlace.

http://abibliotecadatartaruga.blogspot.com.es/2018/05/l-galegas-2018.html