Xa non queda nada para o remate das clases e nesta ocasión imos partir dun conto que aos nenos e nenas lles encanta " O COELLIÑO BRANCO"
Ao final de todo aparecen en pdf as actividades para que teñades unha posible orientación.
MARTES 9 DE XUÑO:
Visionado do conto e da canción:
PROPOSTA: - escribimos, por orde de aparición, os animais que aparecen no conto.
MÉRCORES 10 DE XUÑO: CONCIENCIA FONOLÓXIA ( sílabas)
Nesta ocasión imos contar ao ritmo das palmadas, o número de sílabas que tenen as personaxes do conto. Exemplo: COELLO ( CO-E-LLO).
1 2 3
3
Tamén podedes practicar cos vosos nomes, os nomes das vosas mascotas, das vosas familias... Animádesvos?
XOVES 11 DE XUÑO: LÓXICO- MATEMÁTICA
Cantos animais aparecen no conto? Podemos facer o número con limpa pipas, plastilina, tapóns e incluso coller un envase transparente e engadirlle fariña, area, azucre...e debuxar a grafía. Ou senon con rotulador.
Logo podemos: - descompor o número en cuestión (6),
- escribir os amigos do 6 ( anterior e posterior, 5,7)
Este é un exemplo de descomposición do número 2.
VENRES 12 DE XUÑO: ADIVIÑA
Escoitamos a adiviña. Pincha no enlace (educaplay)
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/6020762-o_coellino_branco.html
Escribimos a solución.
Facemos o debuxo.
Aprendemos a adiviña ( prazo ata o 19 de xuño, último día de cole)
Para a seguinte semana seguimos con actividades relacionadas co "COELLIÑO BRANCO" ( experimento, receita, manualidade ...)
Exemplo de actividades para que teñades unha referencia.
Non fai falla imprimir.
https://drive.google.com/file/d/15VJ4s8gX81BDOb_8w_wphYMbS9Q-7skU/view?usp=sharing
No hay comentarios:
Publicar un comentario