ACTIVIDADES SEMANA DO DÍA 4 AO DÍA 8 DE MAIO)
Non son obrigatorias.
Nestes 5 días imos a traballar o conto da "EIRUGUIÑA COMELLONA"
1.- ESCOITAR O CONTO ( no lado dereito do blogue, en contos aparece A EIRUGUIÑA COMELLONA.
2.- FACER UN DEBUXO DO CONTO OU MANUALIDADE
Nun folio, por nome e apelidos e logo completar coas respostas . Sempre escrito en letras maiúsculas.
. NOME ALUMNO/A:
- TÍTULO DO CONTO:
- QUE COME A EIRUGA O LUNS?:
- QUE COME O MARTES?:
- QUE COME O MÉRCORES?:
- QUE COME O XOVES?:
- DE QUE SE ALIMENTA O VENRES?:
- QUE COME O SÁBADO?:
- E O DOMINGO QUE COME?:
- EN QUE SE CONVIRTE A EIRUGA?
- CONTA E ESCRIBE O NÚMERO DE ALIMENTOS QUE COME CADA DÍA DA SEMANA. E O TOTAL DE ALIMENTOS QUE COMEU TODA A SEMANA.
Nesta actividade traballamos a actividade plástica, a lecto- escritura ( que escriban como elxs sexan capaces, e se necesitan axuda sempre partindo do son das letras) e a lóxico matemática ( a continuación algún exemplo).
4.- TRABALLAMOS A LÓXICO MATEMÁTICA
Pintamos segundo a cantidade. Pode ser con rotulador, ceras...
Sumamos. Non pasarnos do 10 como resultado total da suma.
Tamén poden sumar o número de amorodos que comeu a eiruga ao número de peras, e así coas diferentes froitas traballando o cálculo mental. Non exceder na suma do número 10 como total.
EXEMPLO: 1 MAZÁ+ 3 AMEIXAS= 4 EN TOTAL. ( Por escrito ou de forma oral, para traballar o cálculo mental).
5.- REALIDADE AUMENTADA
- Descargamos a aplicación: "Mi pequeña oruga glotona".
- Unha vez aberta a aplicación enfocar o móbil ou tablet para o chan.
- Van aparecendo imaxes: círculos de cores, pincel ( co que se pode pintar, e a eiruga segue o camiño), cofre con obxectos que tamén son interactivos ( a eiruga por exemplo xoga coa pelota), estanque con auga no que se poden ver os animais que hai. As plantas ao carón do estanque e da que sae algún que outro animal.
Logo os nenos e nenas pincharán na pantalla e van ir aparecendo diferentes froitos que a eiruga vai comendo. Cada vez que come vai durmir ao tronco da árbore que está talado. Desperta e volvedes a pinchar na pantalla para que siga comendo. E cando a vexades moi gordiña de tanto comer observaredes o que pasa. Non o perdades está moi entretido. Que vos parece que será? Xa nos contaredes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario