lunes, 4 de mayo de 2020

A PALABRA MÁIS FERMOSA

Ola familias:
Como xa sabedes o 17 de maio celébranse as LETRAS GALEGAS. 
Este ano adícanselle a CARVALHO CALERO.
Dende o cole temos unha proposta para aqueles que queiran participar: FACERSE UNHA FOTO COA SÚA PALABRA FAVORITA NA LINGUA GALEGA. Poden escribila e facer o debuxo da palabra, ou só escribila, pintala, darlle forma co que se teña pola casa... en fin calquera idea estará ben.
O 14 de maio ( ás 14:00 horas), péchase o prazo de participación.
As fotos pasaránselle ás titoras por correo electrónico, whatsapp ...
Quen se anima?


Se queredes saber algo sobre CARVALHO CALERO, pinchade na imaxe.




Se entrades no seguinte enlace, en "ACTIVIDADES EN LIÑA", podedes atopar xogos relacionados con este escritor para as distintas idades de Educación Infantil.

http://seminariogalan.org/inicio/portada

No hay comentarios:

Publicar un comentario