viernes, 17 de abril de 2020

XOGOS DE LÓXICO MATEMÁTICA

A continuación podedes ver algunhas actividades relacionadas coa lóxica matemática para que podan traballar durante o terceiro trimestre. 
Estes xogos non requiren numerosos materiais, a maioría poden facerse co que se ten na casa.

-ACTIVIDADE 1: creamos con tarxetas ( folios, pedazos de cartón...) números do 1 ao 10. Os nenos e nenas terán que colocar tantas pinzas como indica o número da tarxeta.


-ACTIVIDADE 2: debuxamos nun cartón, no chan, ou nun folio, os números do 1 ao 10, seguindo a direccionalidade porán encima pelas de construcións, coches o que teñan pola casa.
-ACTIVIDADE 3: con botes de bebibles, iogures, vasos...traballar as cantidades. No envase escribir o número e logo asociar a cantidade ( podemos engadir tapóns, macarróns, fabas...)






- ACTIVIDADE 4: debuxamos unhas tarxetas coas formas básicas traballadas na escola ( círculo, cadrado, triángulo, rectángulo). Deberán buscar pola casa obxectos con esas formas e clasificar. Podemos contar o número de obxectos representativos de cada figura.  E observar cal ten máis e cal menos.




ACTIVIDADE 6: facemos unha plantilla na que aparezan círculos con puntos no seu interior e collemos tamén un envase no que escribimos un número. Terán que contar os puntos e asociar a cantidade.
ACTIVIDADE 7: facemos os números do 1-10 ( por exemplo en siluetas de ourizos e logo poñemos tantas pinzas en cada debuxo como o número indique.








ACTIVIDADE 8:

ACTIVIDADE 9:




ACTIVIDADE 10: escribimos ou pegamos no chan os números do 1-10.
Podemos xogar de diferentes formas:
1.- Imos saltando e contando
2.- Que nos digan un número, ir saltando ata el e logo averiguar o anterior e posterior ( amigos)
3.-Tiramos un dado e ir saltando ata o número no que cae.
4.- Saltar de dous en dous e ir mirando de que número se trata.
5.- Se estamos no número 4 cantos saltos temos que dar para chegar ao 6?
Ir xogando cos números.
ACTIVIDADE 11: nun folio debuxar os números e logo colocar tantos papeis como o número indique.

ACTIVIDADE 12: podemos practicar o trazo dos número cunha bandexa con sal, azucre ou fariña.






No hay comentarios:

Publicar un comentario