lunes, 16 de marzo de 2020

IDEAS II

BANCO DE RECURSOS:

Xogar con plastilina: traballo de modelaxe, reforzando a motricidade manual.

Enhebrar lá con macarróns: así como outros materiais accesibles que permitan establecer secuencias e seriacións...

Rasgar papel: facendo composicións a través de pegado en distintos soportes.

Cortar con tesoiras: papeis, xornais, revistas... atendendo a distintos criterios (letras, obxectos de distintas cores...) e pegalos neutros soportes.

Abrir e cerrar cremalleiras: actividades funcionais que melloren a súa autonomía e destreza manual.

- Facer puzles: partindo do material da casa para traballar o razoamento lóxico.

- Realizar masas: podemos recurrir a receitas de cociña como facer biscoitos, galletas... ou outro tipo de masas como plastilina caseira, slime caseiro, masa de auga e sal...

Trasvases de líquidos: a través de distintos recipientes, comprobar a súa capacidade.



Separar materiais: mesturar distintos materiais ou obxetos como legumes,
botóns, coleccións de xoguetes, e facer distintos agrupamentos e contabilizalos.




 Exprimir froitas: facer zumes, traballando a prensión e a forza manual.

 Empregar pinzas da roupa: traballando a prensión e mellorando a súa motricidade manual, facendo secuencias, contabilizando cantas poñen...

Pintar con pintura de dedos e pinceis: realizar traballos artísticos empregando distintas técnicas como  estampado.

 Traballo con pegatinas: facer secuencias lóxicas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario