martes, 16 de junio de 2015

FESTA FIN DE CURSO

O vindeiro venres 19 de xuño os nenos e nenas de 6º despedirán o curso cantando e interpretando unha obra de teatro para o resto de compañeiros/as, e dos seus pais, como xa é habitual. Empezaremos ás 10.00 horas.
 Logo porase unha presentación de fotos na que veremos a súa viaxe pola Educación Infantil, para rematar co acto de graduación no que chamaremos aos alumnos/as por orde de lista para entregarlles a orla, dvd...

Rematado o acto de graduación, faremos unha pequena festa, na que bailarán, xogarán e comerán chupeteadas.

 Que ben o van a pasar!






No hay comentarios:

Publicar un comentario