domingo, 22 de diciembre de 2019

NADAL 2019



DESDE O EQUIPO DE INFANTIL DO CEIP VIRXE DO CARME, DESEXÁMOSVOS A TODOS/AS UN MOI FELIZ NADAL  E UN BO COMEZO DE ANO.
DÁMOSVOS AS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN UNHA VEZ MÁIS.






jueves, 12 de diciembre de 2019

ACTIVIDADES "GAIA"

Neste primeiro trimestre tivemos a sorte de contar coa colaboración de María José e Begoña para a realización de algunha actividade. Neste caso en concreto viñeron a contarlles un conto sobre Educación Vial con títeres e tamén fixeron unha manualidade relacionada con Nadal.
Aquí alcunhas fotos mostra do ben que o pasaron.









sábado, 30 de noviembre de 2019

MUSEO DO MEL (FERREIRA)









Os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil, visitan o Museo do Mel en Ferreira.

Moitas grazas Mari Fe! Encantounos

miércoles, 27 de noviembre de 2019

DEGUSTACIÓN FROITOS DE OUTONO 2019

Os nenos e nenas de Educación Infantil celebran  a "Festa de Outono", cantando unha canción preparada polo mestre de Música, e comendo froitos da época. Que divertido!











4 anos educación infantil (pincha e verás a actuación dos nenos e nenas de 5º de E.I.)


5 ANOS E.I ( pincha)

3 ANOS E.I.( pincha no enlace para ver actuar aos peques de 4ºE.I.)

sábado, 9 de noviembre de 2019

SAÍDA PARQUE DE BOMBEIROS DE BARREIROS 2019


OS NENOS E NENAS DE 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL FORON DE EXCURSIÓN AO "PARQUE DE BOMBEIROS DE BARREIROS"
 PASÁMOLO XENIAL.

MIL GRAZAS POLA VOSA ATENCIÓN E DEDICACIÓN.







miércoles, 30 de octubre de 2019

SAMAÍN 2019

COMO XA SABEDES, ESTES DÍAS CELEBRAMOS O SAMAÍN E
A ENTRADA DO NOSO EDIFICIO QUEDOU TERRORIFICAMENTE AMBIENTADA GRAZAS A VÓS, AS FAMILIAS, QUE COMA SEMPRE PARTICIPADES EN TODO O QUE VOS PROPOÑEMOS.
DESDE O EQUIPO DE INFANTIL QUEREMOS DARVOS UN MILLÓN DE GRAZAS. 

E ESTADE PENDENTES... PORQUE NA VINDEIRA SEMANA SUBIREMOS MÁIS FOTOS DOS NENOS E NENAS.

FELIZ SAMAÍN.


viernes, 21 de junio de 2019

FESTA FIN DE CURSO 2019

OUTRO CURSO QUE REMATOU. 
AS MESTRAS E OS/AS NENOS/AS DE 6º DE INFANTIL CON MÁIS PENA PORQUE FINALIZAN ESTA ETAPA.
DESEXÁMOSLLES UNHA MOI BOA ENTRADA NA NOVA QUE COMEZAN EN SETEMBRO. 
FELICES VACACIÓNS A TODOS/AS. 












martes, 7 de mayo de 2019

ANXO MOURE

Unha visita moi especial! Anxo Moure achégase ao noso cole a contarnos unha historia do máis entretida sen esquecerse de ensinarnos valores relacionados co noso entorno.

Pinchade na imaxe:




 ANXO MOURE

DÍA DO LIBRO

Se queredes ver o ben que o pasaron os nenos e nenas polo DÍA DO LIBRO, só tedes que pinchar  na seguinte imaxe.




DÍA DO LIBRO

BATUKO TABANKA

No blogue de DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA, podedes ver un vídeo da visita que tivemos fai pouco no noso cole.
Se pinchades no nome, que aparece máis abaixo, desplegase un enlace que vos leva  á páxina.


BATUKO TABANKA

lunes, 22 de abril de 2019

DÍA DO LIBRO 2019







Con motivo da celebración do DÍA DO LIBRO, os nenos e nenas de 4ºA de E.I., recitan un poema de Rosalía de Castro ( PARECE UNHA ROSA) e adícanlla aos seus padriños e madriñas, que á súa vez tamén tenen unha sorpresa preparada para dito día.

miércoles, 13 de marzo de 2019

ENTROIDO


Se pinchades neste enlace podedes acceder ao blogue de DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA, no que poderedes ver uns vídeos- montaxes do Entroido



http://dinamizacionvirxedocarme.blogspot.com

viernes, 1 de febrero de 2019

DÍA DA PAZ

ONTE, VENRES DÍA 31 DE XANEIRO CELEBRAMOS TODO O COLEXIO O DÍA DA PAZ.
ROI, O MESTRE DE MÚSICA, ENSINOULLES A CANCIÓN DE DON MELITÓN PARA QUE A CANTARAN E BAILARAN TODOS OS NENOS E NENAS NO PAVILLÓN. TAMÉN CANTARON ALGUNHA CANCIÓN EN INGLÉS.

O RESULTADO FOI ESPECTACULAR. BRAVO POR ROI!!!!!!!