OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL , E AS MESTRAS/ES, DESÉXANVOS FELICES FESTAS, AO SON DA CANCIÓN "LUZ DO NADAL" DE MAMÁ CABRA.
domingo, 20 de diciembre de 2020
jueves, 17 de diciembre de 2020
MANUALIDADES "GAIA"
Os nenos e nenas de EI, contaron coa visita de Begoña e María José ( GAIA) e fixeron unha manualidade do máis chula.
domingo, 6 de diciembre de 2020
CONTOS DE NADAL
ALGÚN CONTO RELACIONADO CO NADAL
https://ospicarxsdoscastros.blogspot.com/2020/11/contos-relacionados-co-nadal.html
CANCIÓNS DE NADAL
SE QUEREDES ESCOITAR ALGUNHA CANCIÓN RELACIONADA CO NADAL, PINCHADE NESTE ENLACE.
https://ospicarxsdoscastros.blogspot.com/2020/12/cancions-relacionadas-co-nadal.html
MULLER CIENTÍFICA
AÍDA FERNÁNDEZ RÍOS (6ºEI)
domingo, 29 de noviembre de 2020
VIOLENCIA DE XÉNERO
Os nenos e nenas de EI celebran o Día Contra a Violencia de Xénero, e que mellor que facelo a partir dos contos "ROSA CARAMELO" e "ARTURO E CLEMENTINA".
CONTO "ROSA CARAMELO"
TRABALLOS DOS NENOS E NENAS:
viernes, 20 de noviembre de 2020
miércoles, 11 de noviembre de 2020
RECOLLIDA DE CONXUROS ( SAMAÍN)
AS BRUXAS MÁIS MISTERIOSAS DOS CASTROS VENEN A RECOLLER OS CONXUROS.
DEVOLVERAN A CARMIÑA Á NOSA BIBLIOTECA? SEGURO QUE SÍ.
PINCHADE NO ENLACE
jueves, 29 de octubre de 2020
CONXUROS MÁXICOS
OS NENOS E NENAS DOS CASTROS QUEREN RECUPERAR A CARMIÑA ASÍ QUE AÍ VAN OS SEUS CONXUROS MÁXICOS DE TODO INFANTIL PARA QUE VEÑA RÁPIDO!
4ºA
4ºB
5ºB
5ºA
4º EI CELEBRA O SAMAÍN
OS NENOS E NENAS DE 4º DE EI CANTAN A CANCIÓN DO CONTO "CORRE CORRE CABACIÑA"
4ºB EI
4ºA EI
6ºEI CELEBRA O SAMAÍN
OS NENOS E NENAS DE 6º DE EI QUEREN ASUSTARNOS COS SEUS CONTOS DE MEDO!
6ºA EI CO CONTO DE "CARABUÑAS"
5ºEI CELEBRA O SAMAÍN
OS NENOS E NENAS DE 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL CELEBRAN O SAMAÍN CANTANDO E RECITANDO.
QUE BEN O FAN!
5ºA RECITA UNHA POESÍA DE SAMAÍN
5ºB BAILA AO RITMO DOS ESQUELETOS
miércoles, 28 de octubre de 2020
QUE PASOU CON CARMIÑA?
UNHA BRUXA MOI ESPECIAL VEUNOS A BUSCAR A CARMIÑA PARA QUE NA SÚA CASA GRANDES HISTORIAS LLE CONTARA, PERO NÓS, QUERÉMOLA NO COLE.
QUE TEREMOS QUE FACER PARA RECUPERALA?!
PINCHADE NO ENLACE.
http://dinamizacionvirxedocarme.blogspot.com/2020/10/samain.html
BIBLIOTECA INAUGURADA
A BIBLIOTECA DO COLE QUEDA INAUGURADA.
SE PINCHADES EN CARMIÑA, PODEDES VER O BONITA QUE QUEDOU A BIBLIOTECA E... Á PROFE ANA CONTANDO A HISTORIA DA NOSA MASCOTA " CARMIÑA"
sábado, 19 de septiembre de 2020
domingo, 21 de junio de 2020
jueves, 18 de junio de 2020
miércoles, 17 de junio de 2020
PROPOSTA DE PSICOMOTRICIDADE
https://drive.google.com/file/d/1nj4T4h97ByXvl_Yd7X3W_1OlP9p5Fll7/view?usp=sharing
jueves, 11 de junio de 2020
XUÑO (15-19)
A semana pasada as propostas xiraron en torno ao conto " O COELLIÑO BRANCO" e esta semana imos continuar.
LUNS 15 DE XUÑO: RECEITA
1.- Elaboramos a receita co ingrediente favorito do Coelliño Branco "AS COLES" ( podedes escoller a que queirades, pizza de coles, ensalada de coles...)
Aquí van posibles exemplos, un sacado da web e outro feito pola profe Fani.
MARTES 16 DE XUÑO: escribimos os ingredientes da receita.
contamos as letras de cada palabra. Por exemplo: COLES
1-2-3-4-5
5
Plantilla da receita porque se a queredes empregar ( pincha no enlace)
https://drive.google.com/file/d/1cW6FWMx2UGckbFY5ICTWDPw150mGhO_a/view?usp=sharing
MÉRCORES 17 DE XUÑO: ACTIVIDADE PLÁSTICA
1.- Elaboramos unha manualidade relacionada con conto. Se non queredes facer manualidade podedes optar por un debuxo dun dos animais que aparece.
A profe Conchi fai unha manualidade.
XOVES 18 DE XUÑO: EXPERIMENTO
1.- O Coelliño Branco, quere argallar un pouco. Quere verse doutras cores, azul, verde...
Mirade esta presentación en power point
https://drive.google.com/file/d/1FtMRreGRIz7uyZKn-UcrH9nK30plNNl4/view?usp=sharing
O obxectivo deste experimento é traballar as diferentes mesturas que se obtenen das cores primarias.
MATERIAL A EMPREGAR:
- VASOS TRANSPARENTES
-AUGA
- COLORANTE ALIMENTARIO
Divertímonos?
VENRES 19 DE XUÑO
Último día de cole . Xa que non temos festa, nen baile, nen "chupeteadas", polos menos uns xogos.
Un bico moi grande e boas vacacións. Calquera cousa que vaimos sabendo respecto ao novo curso xa vos imos informando e para o que necesitedes xa sabedes como contactar con nós.
LIM SOBRE O COELLIÑO BRANCO, PARA DIVERTIRVOS UN POUCO.
http://pequecholandia.blogspot.com/2012/10/lim-o-coellino-branco.html
http://actividadeslim.blogspot.com/2012/04/o-coellino-branco.html
ACTVIDADES MEMORIA EDUCAPLAY:
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5888091-o_coellino_branco.html
ENCRUCILLADO
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/6021008-encrucillado_o_coellino_branco.html
BICOS E BO VERÁN
miércoles, 10 de junio de 2020
ACTIVIDADES DE PSICOMOTRICIDADE
https://drive.google.com/file/d/1VRvnyeYnDxXbq1UjFdjbYOlkz8-ZS-Dn/view?usp=sharing
lunes, 8 de junio de 2020
jueves, 4 de junio de 2020
XUÑO (9-12)
Xa non queda nada para o remate das clases e nesta ocasión imos partir dun conto que aos nenos e nenas lles encanta " O COELLIÑO BRANCO"
Ao final de todo aparecen en pdf as actividades para que teñades unha posible orientación.
MARTES 9 DE XUÑO:
Visionado do conto e da canción:
PROPOSTA: - escribimos, por orde de aparición, os animais que aparecen no conto.
MÉRCORES 10 DE XUÑO: CONCIENCIA FONOLÓXIA ( sílabas)
Nesta ocasión imos contar ao ritmo das palmadas, o número de sílabas que tenen as personaxes do conto. Exemplo: COELLO ( CO-E-LLO).
1 2 3
3
Tamén podedes practicar cos vosos nomes, os nomes das vosas mascotas, das vosas familias... Animádesvos?
XOVES 11 DE XUÑO: LÓXICO- MATEMÁTICA
Cantos animais aparecen no conto? Podemos facer o número con limpa pipas, plastilina, tapóns e incluso coller un envase transparente e engadirlle fariña, area, azucre...e debuxar a grafía. Ou senon con rotulador.
Logo podemos: - descompor o número en cuestión (6),
- escribir os amigos do 6 ( anterior e posterior, 5,7)
Este é un exemplo de descomposición do número 2.
VENRES 12 DE XUÑO: ADIVIÑA
Escoitamos a adiviña. Pincha no enlace (educaplay)
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/6020762-o_coellino_branco.html
Escribimos a solución.
Facemos o debuxo.
Aprendemos a adiviña ( prazo ata o 19 de xuño, último día de cole)
Para a seguinte semana seguimos con actividades relacionadas co "COELLIÑO BRANCO" ( experimento, receita, manualidade ...)
Exemplo de actividades para que teñades unha referencia.
Non fai falla imprimir.
https://drive.google.com/file/d/15VJ4s8gX81BDOb_8w_wphYMbS9Q-7skU/view?usp=sharing
miércoles, 3 de junio de 2020
domingo, 31 de mayo de 2020
XUÑO (1-5)
Empezamos o mes de xuño cunha nova proposta. Nesta ocasión xira en torno a unha canción moi primaveral "A ÁRBORE NO XARDÍN".
Aquí vos enlazamos a canción:
Unha vez escoitada pasamos ás actividades. Vai unha proposta para cada día! Ao final de todo van as actividades en pdf, por se alguén prefire imprimilas (pero non é necesario) ou para facerse unha idea do que hai que facer.
LUNS:
--Escribimos o título da canción.
- Facemos o debuxo de todo o que vai aparecendo na árbore( froita, animais).
MARTES:
- Nun folio, escribir os animais que van aparecendo , para traballar así a lecto-escritura e tamén os números ordinais (do 1º ao 5º).
- Contar os diferentes animais que aparecen ( exemplo: arañas? 2)
- Pinchades no enlace e accededes a un xogo interactivo para traballar a memoria ( relacionado coa canción).
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5892029-a_arbore_no_xardin.html
MÉRCORES:
-Conciencia fonolóxica. Xogamos ao ritmo dos pés coa profe Fani. Animádesvos?
XOVES:
- Xogamos ás adiviñas coa profe Conchi. Seredes quen de adiviñar de quen está a falar?. Se aínda non vos queda claro, avisádenos que vos damos máis pistas. Pinchade no enlace.
Logo de adiviñar do que estaba a falar Conchi, pasamos a facer a actividade:
- Nun folio, escribimos a solución, contamos as letras e poñemos o número.
-Facemos o debuxo.
VENRES:
- Coa solución facemos un acróstico.
- Contamos as letras e poñemos número. E logo ordeamos de menor a maior.
ENLACE COAS ACTIVIDADES PARA QUE VOS FAGADES UNHA IDEA DO QUE HAI QUE FACER ( NON FAI FALLA IMPRIMIR).
RECORDADE VISIONAR OS VÍDEOS.
https://drive.google.com/file/d/15xK0hJ-u_cwdwaG3WhdmSrcucxjvIWXT/view?usp=sharing
MOI BOA SEMANA!
jueves, 28 de mayo de 2020
Psicomotricidade
https://drive.google.com/file/d/1XfYvR3MN11Dx1zVzWOji_4GA3RK1wCqd/view?usp=sharing
INGLÉS
https://drive.google.com/file/d/1pa2514oOU_crWgrMCKJjW5YViUDQk_EG/view?usp=sharing
https://drive.google.com/file/d/1UOlpKbAw1M1OP1SNClMwuET8eLvhDtyN/view?usp=sharing
domingo, 24 de mayo de 2020
MAIO 25-29 MAIO)
Empezamos nova semana e nesta ocasión unha nova proposta que esperamos vos guste.
Primeiro de todo, intentade, na medida do posible, repasar os nomes dos compañeiros e compañeiras da escola.
Esta semana imos convertirnos en detectives e tratar de investigar todo o que podades sobre a seguinte imaxe.
1.- Luns: O primeiro que tendes que facer é observar e logo escoller dúas palabras claves e poñelas no buscador de google e así adiviñar de que se trata.
TÍTULO DA OBRA:_______________________________(contamos palabras e letras e poñedes grafía).
- Facedes un puzle interactivo.
Tendes que pinchar no enlace, facer o puzle, darlle a "TERMINADO" e logo escribir o nome e apelidos. Despois xa nos chega o traballo ao noso correo.
Unha vez que facedes a actividade e cubrides datos, vense os resultados da tarefa. Se acertástedes todos/as. Pódese repetir as veces que se queira.

2.-A prosposta para o Martes: consiste nunha visita virtual por un museo de AMSTERDAM, no que podedes ver todas as obras de Vicent Van Gogh. Hai 4 andares que poderedes ver con StreetView". Se pinchades nunha obra en concreto xa vos transporta á parte do museo na que se topa.
Viaxamos a Amsterdam?.
Logo escolledes unha obra, a que queirades, e facedes unha obra de arte coas técnicas plásticas que desexedes. Tamén podedes facer só o debuxo se non dispoñedes de moito tempo.
Aquí un exemplo:
Por último: NOME DA OBRA
3.- Proposta para o Mércores: Van Gogh era moi dado a pintar autorretratos. Facedes un?
Unha vez que fagades o voso autorretrato, poñedes o voso nome, contades as letras que ten, poñedes número e logo traballades as matemáticas coa descomposición do mesmo. Por exemplo o número 3 (1+2,2+1,3+0,0+3) poderedes empregar coches, bonecas, construcións...
EXEMPLO DE DESCOMPOSICIÓN:
4.- Xoves: tres posibles opcións. Facedes a que máis vos goste ou apeteza.
- Plantar pipas e observar a evolución do xirasol.
- Debuxar un XIRASOL, recortar, dobrar as puntas e mergullar en auga. Que pasará?
-Debuxar un XIRASOL en rolo de papel dobrado e mergullar en auga. MAXIA!
5.- Venres: Volvemos ás actividades interactivas!
- EDILIM DE VAN GOGH ( necesita flash), dende o móbil non se visiona. No ordenador tarda un pouco en abrirse ( polos menos en Safari).